1,8 Millóns de euros para concellos da provincia en axudas para a promoción da Igualdade

11 Xullo 2020

O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a resolución da orde de axudas destinadas ás entidades locais galegas para a promoción da
igualdade. Tres dos programas destas subvencións están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e inclúen o apoio a catro programas dirixidos ao fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; e ao funcionamento dos Centros de Información ás Mulleres (CIM).
A cuarta liña destinada a accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres enmarcase no desenvolvemento en Galicia das medidas ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
En total na provincia da Coruña investiranse 1,8 millóns de euros entre 76 concellos para levar a cabo os distintos programas e actuacións.
Para a realización de iniciativas que permiten fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través de medidas que aposten pola conciliación da vida persoal, laboral e familiar serán beneficiarias 32 entidades locais.
As axudas para a posta en marcha de promoción da igualdade e prevención de violencia de xénero chegarán a 23 entidades locais co obxectivo de que leven a cabo accións orientadas a mellorar a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes, así como actuacións para loitar contra a explotación sexual.
Tamén os 29 Centros de Información á Muller (CIM), que agrupan a 53 concellos da provincia da Coruña recibirán apoio para atender a mulleres en situación de especial vulnerabilidade levada a cabo polas persoas profesionais destes centros. De feito, estas axudas financian a contratación para cubrir postos de traballo nos CIM de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo
en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

Para desenvolver as accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres postas en marcha no marco do Pacto de Estado de Violencia de Xénero, contarán coa axuda desta orde 32 entidades locais as beneficiarias.

Outros artigos

A función “Terapias Alternativas” recala este sábado en Rianxo

O Auditorio de Rianxo vai acoller este sábado a función Terapias Alternativas, a cargo do grupo TEN (Teatro Escola de Narón). Será o 14 de marzo ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. Trátase dun espectáculo recomendado para todos os públicos. A entrada...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La idea de D Trump sobre Irak” – Manuel Domínguez

“La idea de D Trump sobre Irak” – Manuel Domínguez

Para no alargar mucho la guerra, que no suceda lo de Putin con Ucrania, está pensando en trocear el país, deshacerlo como estado y crear 10 mini estados, así está armando a los kurdos para combatir y generar una guerra civil. Una guerra civil en la que participarán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.