Xa se poden reservar os suadoiros da LXXII Singradura da Festa da Dorna

09 Xuño 2020

A Festa da Dorna segue viva, reconverténdose mentres haxa risco sanitario e adoptando fórmulas que manteñan a seguridade e a saúde da xente. Esta semana comezou con grandes novidades anunciadas nas redes: primeiro a confirmación de que vai haber actividades online que compensen a falta de programa de rúa, e segundo a apertura do prazo para reservar o novo suadoiro das festas 2020, a LXXII Singradura.

O prazo remata o 4 de xullo e segundo confirma a Real e Ilustre Cofradía da Dorna, as unidades son limitadas por talles, polo que teremos que poñermos as pilas para desfrutar dunha prenda que, segundo confirman, “foi a única tela que non se usou para máscaras de protección”. O prezo inclúe un desconto de tres euros para “sosias e sosios”.

Ademais desta novidade, a confraría informa que as dorneiras e dorneiros teñen no novo local do Touro de Suministro Triñanes unha “obxecto misterioso de regalo por cortesía deste establecemento”, un agasallo que “nos fará a vida máis levadeira” e que se poderá recoller xunto co suadoiro nas ditas dependencias. Para botar man del, teremos que seguir as instrucións habilitadas na web da Festa da Dorna.

Outros artigos

O mercado ambulante semanal de Ribeira celebrarase no 15 de agosto

O Concello de Ribeira informa de que no sábado, 15 de agosto, desenvolverase o mercado ambulante semanal ao ser o desexo da maioría dos propietarios dos postos despois de que non puidesen montar durante dúas semanas por mor do 25 de xullo, Día de Galicia, e por estar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.