Xa podemos solicitar as axudas para dixitalización e contratación do programa PEL 2020 da Deputación

01 Xuño 2020

As pemes e autónomos da nosa comarca que precisen axudas para afrontar con novo equipamento e ferramentas a desescalada (por exemplo incrementando o seu proceso de dixitalización) ou para ampliar equipo profesional, xa poden solicitar as do programa PEL 2020 (PEL-PEMES e PEL-Emprende) que vén de convocar a Deputación da Coruña e cuxo prazo reabriuse con este mes de xuño (até o día 11) logo de ter sido aprazado por mor do Estado de Alarma. Con estas axudas, sinala a entidade provincial, as empresas e os profesionais por conta propia poderán adquirir equipamento informático ou financiar o salario dunha traballadora ou traballador durante un período dun ano.

A liña PEL-PEMES subvencionará as pequenas empresas e autónomos con sede nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña para a contratación laboral dunha persoa en situación de desemprego durante un período de 12 meses. Como dixemos, a Deputación financiará o 70% do soldo e a Seguridade Social do/a traballador/a contratado/a, ata un máximo de 15.400 euros anuais.

Polo que respecta á liña PEL-Emprende, está destinada a autónomos e empresas da provincia da Coruña con menos de cinco anos de antigüidade e sede social en calquera dos concellos da provincia. As axudas desta sección cubrirán ata o 70% do investimento, cun máximo de 17.500 euros, para a compra de aplicacións informáticas, maquinaria, útiles, mobiliario e equipos para procesos de información. “Todos eles deben ser elementos novos e directamente relacionados coa actividade da empresa”, explica a Deputación nas bases.

A maiores do devandito e relacionada directamente con PEL-PEMES, a entidade provincial habilitou a liña Mantemento, coa que se subvenciona o mantemento das contratacións laborais indefinidas da convocatoria anterior do programa durante un ano máis. Deste xeito, as empresas poden optar a unha nova axuda para manter o posto de traballo creado en 2019 durante 12 meses máis. Nestes casos, a Deputación financiará o 50% do soldo e Seguridade Social do traballador/a cun importe máximo de 11.000 euros anuais. Estes contratos son sempre de carácter indefinido.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.