Un incendio calcina as oficinas dunha carpintaría en Lousame

08 Xuño 2020

As oficinas dunha nave de carpintaría resultaron completamente calcinadas ao producirse un incendio na propia nave, sen ter ata momento, constancia das causas que orixinaron o lume.

Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais ao non haber, a esa hora, traballadores na nave, situada no lugar de Merelle, en Tállara, no concello coruñés de Lousame.

Pasaban dez minutos das 13:30 horas deste mediodía, cando a dona alertou ao 112 Galicia dun incendio na oficina da nave. Indicaba que non había afectados, que os traballadores marcharan e non podía acceder.  

De inmediato, os xestores do 112 puxeron en marcha un dispositivo no que participaron os Bombeiros de Boiro, os membros do GES de Brión e os efectivos de Protección Civil de Noia. Ademais, aínda que finalmente non foi precisa a súa intervención, tamén foron avisados os Bombeiros de Ribeira, así como o persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Tras extinguir as lapas, os Bombeiros confirmaron que arderan as oficinas na súa totalidade.

Bombeiros Boiro

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.