TVG e a Radio Galega acollen hoxe un debate a sete entre os candidatos á Xunta

29 Xuño 2020

A Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) mobiliza este luns un «amplo dispositivo» para o debate electoral entre os candidatos das sete principais forzas políticas que se presentan ás eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo, o único que terá lugar durante a campaña electoral.

En concreto, celebrarase a partir das 21,30 horas e que se poderá seguir a través da Televisión de Galicia, a Radio Galega, a G2 –con intérprete de lingua de signos–, a canle de Youtube da Corporación –tamén con intérprete en lingua de signos–, e a través dos medios dixitais da CRTVG. A TVG ofrecerá un ‘Especial informativo’ xa desde as 19,30 horas, presentado por Ana Celia Vázquez, no que participarán os analistas Ana Luísa Bouza, José Luis Gómez, Xosé Luís Barreiro Rivas e Roberto Blanco Valdés, que irán analizando os momentos previos e posteriores ao evento. O debate será moderado polos xornalistas Marta Darriba e Alejandro López desde o Estudo 5 de San Marcos.

Os candidatos dos denominados electoralmente ‘grupos representativos’ serán Alberto Núñez Feijóo, polo PP; Pancho Casal, de Marea Galeguista; Gonzalo Caballero, do PSdeG; e Ana Pontón, polo BNG. En representación dos grupos ‘significativos’ van Antón Gómez-Reino, candidato de Galicia en Común; Beatriz Piñeiro, de Cidadáns; e Ricardo Morado, de Vox.

CATRO BLOQUES

Todos eles contrastarán as súas posturas en catro bloques: Galicia e a covid: xestión, nova normalidade, reconstrución; políticas económicas, industriais, orzamentarias e fiscais; políticas sociais e de benestar, educación, sanitarias e modelo institucional, pactos, gobernabilidade e encaixe de Galicia no Estado.

A CRTVG lembrou que, tanto a fórmula para a asignación de tempos a cada formación como o carácter dos diferentes grupos, veñen establecidos pola Lei Orgánica de Réxime Electoral ( LOREG) e as instrucións da xunta electoral. As normas e a orde de participación serán as pactadas polos representantes das sete forzas na reunión celebrada esta semana nas instalacións da CRTVG en San Marcos. Os candidatos das principais forzas políticas despexaron en parte ou totalmente as súas axendas públicas para preparar o único debate electoral programado na campaña electoral.

Outros artigos

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A esperanza” – José Manuel Pena

“A esperanza” – José Manuel Pena

O sentimento de culpa, o fracaso, a angustia vital, o endémico e enfermizo pesimismo fan efecto sobre moitos cidadáns e familias coas que a dramática crise económica, social e de valores séguese cebando, de maneira insospeitada e que a maioría dos nosos políticos e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.