Seguen caendo festas, en Boiro prohibidas as cacharelas de San Xoán e solo público e praias en Boiro

11 Xuño 2020

A realización de fogueiras de San Xoán en espazos públicos e praias
está prohibida este ano en Boiro para garantir a seguridade e saúde pública. Si están permitidas as cacharelas en fincas privadas, previa comunicación. O Concello de Boiro emitiu un bando informativo no que se especifican as
condicións e medidas preventivas que se deben seguir.
As persoas que desexen realizar unha fogueira na madrugada do 23 ao
24 de xuño, teñen que comunicalo previamente a través do Rexistro Xeral, de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica do
Concello de Boiro. O modelo de solicitude pode descargarse da páxina web do Concello de Boiro e o prazo para presentalo remata o 22 de xuño.
As cacharelas en fincas privadas non se poden facer preto de masas
forestais nin a menos de 15 metros de calquera edificación, tendido eléctrico ou vehículos. Previamente ao inicio da mesma debe acondicionarse o perímetro onde se vai queimar e a cacharela non poderá ter máis de 3 metros de diámetro. En todo momento deben terse a man medios par a extinción do lume, estar vixiado e quedar perfectamente apagado antes das 6.00 horas do 24 de xuño.
Está prohibida a queima de todo tipo de residuos como colchóns, rodas,
aerosois… ou calquera outra substancia que desprenda gases ou fumes
tóxicos. O cumprimento das medidas que se indican no bando informativo,
poderán ser comprobadas polo Servizo de Prevención de Emerxencias,
técnicos municipais de Medio Ambiente, Policía Local ou bombeiros

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.