Sanidade publica a adxudicación definitiva das novas oficinas de farmacia en Lesón (A Pobra) e Oleiros (Ribeira)

12 Xuño 2020

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se adxudican definitivamente as 41 novas oficinas de farmacia ofertadas no concurso público convocado mediante Resolución do 2 de xullo de 2018.

Na comarca foron adxudicadas as farmacias de A Pobra: Barrosa Vázquez, Manuela 020000 Lesón (Santa Cruz) A Pobra do Caramiñal e

Ribeira: Goldar Cora, Margarita 060000 Oleiros (San Martiño) Ribeira

Cómpre remarcar que, por primeira vez, a adxudicación realizouse nun acto único, celebrado o pasado mes de xaneiro, ao que foron convocados os 604 participantes no concurso público axilizando así o proceso e reducindo o tempo de elección a un único día.

Sanidade destaca a importancia da adxudicación destas 41 oficinas, cun particular énfase no rural. De feito 20 das novas farmacias, case a metade das adxudicadas, poderán abrir en concellos de ámbito rural. As restantes repartíronse con 14 para zonas semiurbanas e 7 para zonas urbanas con crecemento poboacional.

Neste concurso fortaleceuse a carreira profesional exercida no ámbito da farmacia comunitaria. Proba delo é que dos 41 primeiros postos no listado de concursantes, 32 exercen como farmacéuticos adxuntos en oficinas de farmacia. Na baremación deste novo concurso, a experiencia profesional foi o criterio de maior peso a efectos de valoración, pasando dun máximo de 30 puntos, conforme ao baremo anterior, a un máximo de 60.

Outros artigos

O ribeirense Julio Silva, protagonista dun roteiro en Santiago

Este xoves 10 de xullo, Santiago de Compostela acolleu un roteiro histórico e cultural que percorreu os pasos do ribeirense Julio Silva Vilas, destacado sindicalista, xornalista e activista republicano, asasinado polo réxime franquista en xaneiro de 1937....

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.