A parroquia de Riveira agradece ás voluntarias/os o labor que fan para que os templos sexan lugares seguros fronte a COVID-19

28 Xuño 2020

A parroquia de Santa Uxía fixo público o seu agradecemento polo labor que a diario fan as voluntarias/os que permiten cumplir as normas sanitarias e de hixiene dos templos. A desinfección que se realiza antes e despois das celebracións do templo parroquial e de Santa Clara, permiten que sexan lugares seguros fronta o Coronavirus.

Desde o comezo da desescalada e a apertura das igrexas para o culto, a Parroquia entende que a responsabilidade é unha prioridade, preferindo pecar de exceso e non de defecto.

Cremos na necesidade de tomarmos en serio esta obriga por varias razóns:
– A presencia de persoas maiores e de risco nas celebracións é alta.
– Riveira ten un porto que recibe a moitos mariñeiros de outros países.
– Estamos en verán e hai moita afluencia de turistas.
– A igrexa é un dos lugares onde a diario e, especialmente, en fin de semana se xuntan máis persoas.
– Pensando nos demais: familias como a “Residencia de maiores” teñen a obriga de pechar as portas cando se dan contaxios no seu entorno próximo.
– De nada vale lamentar despois se antes non poñemos da nosa parte o que se nos pide.

A parroquia agradece ós colaboradores que permiten que Santa Uxía e Santa Clara sexan lugares seguros.

Voluntarias/os limpan e desinfectan a diario os templos da parroquia

Outros artigos

Pesar na comarca polo pasamento de Severino Escuris Batalla

O empresario barbancés Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, faleceu este mércores aos cen anos de idade, pechando unha vida centenaria estreitamente ligada ao desenvolvemento do sector pesqueiro e conserveiro galego. Nado en Rianxo ou 18 de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.