Portugal e Galicia reabren a súa fronteira o luns. Os locais de lecer nocturno poderán abrir terrazas antes do 1 de xullo

11 Xuño 2020

A delegación do goberno de Galicia informou hoxe que o vindeiro luns 15 de xuño abriranse tres pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal. Trátase dos viais que conectan as localidades de Arbo e Melgaço, Salvaterra do Miño e Monçao, e Tomiño e Vilanova de Cerveira, que se abrirán ao tránsito de vehículos entre as 8.00 e as 22.00 horas de cada día.

A decisión aumenta os puntos de acceso de Galicia a Portugal, xa que desde o peche de fronteiras tan só se permitiu a circulación entre Verín e Chaves e entre Tui e Valença, aínda que nas últimas semanas tamén se habilitou o paso entre Calvos de Randín e Tourén.

Por outra banda os locais de lecer nocturno poderán abrir as súas terrazas antes do 1 de xullo, data na que está previsto que a Xunta levante a prohibición e permita o uso do interior de discotecas e salas, onde será obrigatorio o uso de máscara. Así o acordaron na reunión mantida este xoves entre o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e representantes do sector, entre os que figuraron o presidente da Asociación Galicia de Noite, Luís Diz, e o presidente de Fesdiga, Samuel Pousada.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...