Os socialistas de Ribeira piden que se arranxe o parque da Corna en Palmeira

02 Xuño 2020

O grupo municipal do PSdG-PSOE de Ribeira presentou un rogo para o pleno da Corporación no que se require a reparación de urxencia, con vistas á tempada de verán, da varanda de protección do parque da Corna, na parroquia de Palmeira, sobre a praia do mesmo nome. Segundo fai saber a agrupación que coordina José Vilas, a dita estrutura perdeu parte dos elementos da balaustrada que a sustentan, situación que tamén é extensíbel aos bancos do devandito parque, aos que lles faltan varios listóns de madeira.

Os socialistas piden o arranxo dos elementos deteriorados na varanda “antes de que prosiga o seu proceso de deterioro”, e tamén requiren que se corte e acondicione o céspede do parque para que veciñanza e visitantes poidan gozar deste espazo de lecer ao longo dos vindeiros días.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.