Os nosos concellos aprazan a apertura dos parques infantís

15 Xuño 2020

Sen dúbida unha das grandes imaxes simbólicas da volta á normalidade, unha volta relativa e de obrigadas precaucións, será o regreso das nenas e nenos aos nosos parques infantís. Este luns 15 de xuño, sobre o papel, levantábase en Galicia a prohibición de usalos, pero a medida está a ter unha repercusión desigual nos concellos. No de Boiro o Goberno local anunciou que vai manter pechados estes espazos de lecer “por motivos de seguridade”, e no de Ribeira aprázase a apertura para o 22 de xuño, achegándose unha marxe para o seu acondicionamento e limpeza sanitaria. Polo que respecta a Rianxo, anunciou nun bando municipal que as infraestruturas públicas para as crianzas e a mocidade “irán abrindo progresivamente”, a medida que se proceda a desinfectalas de maneira axeitada e eficaz.

En Boiro, pechados por motivos de seguridade

O Concello de Boiro confirmou este luns que vai manter as cintas de seguridade nos parques até novo aviso. Así se decidiu na Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19, malia que o decreto da Xunta de Galicia para a nova normalidade permitiría a volta á normalidade nos parques infantís, parques biosaudábeis, zonas deportivas, pistas de skate ou espazos de uso público con límite de aforamento e medidas para garantir a distancia interpersoal. O Concello de Boiro decidiu que non se abriran estas infraestruturas até que se vexa claramente como evoluciona a situación epidemiolóxica.

O caso de Ribeira

No caso de Ribeira, a Policía Local colocou carteis nos parques informando que a apertura dos parques infantís e biosaudábeis do municipio está prevista para o vindeiro luns 22 de xuño. No transcurso desta presente semana se perfilará o plan de desinfeccións deste tipo de instalacións, ademais de establecer o aforo permitido en cada un deles.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.