O vicepresidente Alfonso Rueda avalía no Son o plan de seguridade nas praias ante a COVID

22 Xuño 2020

O concello de Porto do Son recibiu este luns 22 a visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen quixo verificar de primeira man os traballos que se están a levar a cabo no termo municipal para achegar praias seguras ante a COVID, a través de medidas como o reforzamento do persoal de servizo e equipamento (sinalización, alugamento de vehículos) para estas contornas litorais, unha iniciativa de Vicepresidencia á que optou o Goberno sonense.

O vicepresidente destacou “a necesidade de cooperar coas entidades locais” para contribuír á súa recuperación económica tras a paralización da actividade pola COVID-19 e nun sector tan importante como o turístico. Rueda indicou que “este é un bo momento para poñer de manifesto que en Galicia estamos preparando as nosas praias que, sen dúbida son un atractivo para moita xente, para os que vivimos aquí e tamén para moita xente de fóra”.

O vicepresidente lembrou que a día de hoxe arredor de 40 concellos galegos xa presentaron a documentación para fortalecer normas e pautas organizativas, de seguridade e vixilancia e de limpeza e conservación ambiental dos areais para a contención e a prevención da pandemia. Estas axudas están destinadas aos pequenos e medianos concellos co obxectivo de reforzar o persoal que colabore en actuacións de organización e vixilancia de accesos, control de aforamentos ou da permanencia nos areais, así como traballos de limpeza e sinalización.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.