O pleno de Boiro aproba o plan económico financeiro do período 2020-2021

19 Xuño 2020

O Concello de Boiro celebrou este xoves 18 o seu pleno de xuño, na Casa Consistorial, a partir das 20.00 horas e retransmitido a través da canle de Youtube do Goberno local, onde se pode visualizar en calquera intre. A sesión contou coa ausencia de dous concelleiros da corporación, Juan José Dieste Ortigueira (PP) e Carlos Blanco Ansoar (BNG) e o concelleiro que renunciou á súa acta, Benigno Miguel González Bermúdez (PP). Na sesión, logo da aprobación por unanimidade da acta plenaria anterior, formalizouse a renuncia á súa acta do devandito edil do Partido Popular. Tamén se procedeu a actualizar o convenio coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), con nove votos a favor (os do PSOE, BNG, Boiro Novo, IC Boiro e Ciudadanos, absténdose o PP), e máis a aprobar o Plan Económico Financeiro do Concello 2020-2021, con sete votos a favor (PSOE, IC Boiro, Ciudadanos), seis en contra (PP e Boiro Novo) e unha abstención (a do BNG).

Amais, no transcurso do pleno modificouse (por unanimidade) a ordenanza fiscal nº5, reguladora da taxa de ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, quioscos e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.

Tamén se aprobou con 14 votos a favor a moción do BNG sobre a adopción de medidas para suprimir prazas de aparcamento que dificultan a visibilidade dos peóns ao cruzar na avenida da Constitución.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.