O PBBI pide se mellore a traída de Insuela

20 Xuño 2020

O PBBI presenta unha moción no rexistro do consistorio para que se acometan con urxencia as obras necesarias para a substitución da tubería da rede de auga potable na zona de Insuela en Palmeira. Dende hai varios anos din, o/as veciños/as do lugar de Insuela, na parroquia de Palmeira, concretamente o/as das vivendas ubicadas na vía que une a confluencia dos lugares da Agriña e da Bouciña, en dirección ao hotel Rio Azor, veñen sufrindo con frecuencia roturas na rede xeral de subministro de auga potable. Ademáis da incomodidade que estas avarías provocan, as condicións da tubería non son as máis idóneas para a calidade de salubridade de auga para consumo humano, cos perxuizos para a saúde que isto supón, provocan tamén avarías nos electrodomésticos das vivendas, polos sedimentos que se arrastraran cada vez que hai unha rotura.
Na moción o PBBI di que non existe na vía á que se refere unha conducción de augas pluviais o que significa que nas épocas de choiva pola mesma discurre un verdadeiro río que é imposible evitar cando se vai camiñando.
Destas deficiencias xa ten coñecemento esta Administración municipal, pero aínda hoxe non se adopataron medidas para correxir estas deficiencias.
Son obras que é imprescindible executar via maior urxencia.

Por iso o PBBI solicita ao Pleno da Corporación do Concello de Ribeira, se “1.- Acometan con urxencia as obras necesarias para a substitución
da tubería da rede de auga potable.
2.- A instalación de tuberías para a conducción de augas pluviales
3.- E deixar instalada unha rede de tubería para a próxima conexión
de fibra óptica, co fin de evitar que, nun período moi corto, haxa
que levantar o pavimento para dotar a zona deste servizo previsto
acometer en breve”.

Asi mesmo o PBBI quere poner no coñecemento que na Rúa que vai ao polideportivo Alcalde Torres Colomer dende a estrada xeral ata a Rúa do Barreiro, non hai ningún punto de luz, isto leva consigo que os pais e nais dos nenos e nenas que acoden a dito polideportivo, se atopen preocupados xa que nos tempos en que estamos é normal que sintan medo polos seus fillos e fillas cando veñen andando con tanta escuridade.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.