O mal querer, da boirense Natalia Carou, preséntase este venres na Feira Virtual do Libro

25 Xuño 2020

Esta fin de semana, a partir deste venres 26 de xuño e até o domingo 28, celébrase na Internet un relevante acontecemento que pon de manifesto a importancia da cultura e os libros en tempos de adversidade e, tamén, das novas tecnoloxías para manter viva a chama da cultura e dos libros en tempos de adversidade. Falamos do Festival Virtual do Libro de Galicia (FLIV), cuxa primeira edición nace coa intención de que “o libro e a literatura do país non fiquen parados polas circunstancias que vive o mundo”. A feira comezará abordando de cheo as letras da nosa comarca, acollendo, o primeiro día ás 19.00 horas, a presentación virtual do libro O mal querer da escritora de Bealo (Boiro) Natalia Carou, publicado por Baía Editorial e gañador da segunda edición do Premio de Novela Vilar Ponte de Viveiro.

O mal querer é un dos grandes éxitos literarios galegos da tempada, malia as complexas circunstancias nas que tivo ser presentado e promovido, esta primavera pasada marcada pola COVID-19 e o Decreto de Alarma.

O argumento da novela, para quen non o saiba, xira arredor das vivencias dun adolescente chamado Cibrán Ulloa, un rapaz de dezaseis anos que ingresa nun Centro de Menores acusado dun grave delito cometido contra un compañeiro. Cibrán, fillo dunha coñecida familia de importante influencia económica e social, arrastra un pasado de maltrato doméstico que condicionará de maneira decisiva a súa relación cos demais no colexio, cos profesores e tamén cos compañeiros.

A novela foi cualificada polo xurado do Premio Vilar Ponte do seguinte xeito: “Trátase dunha obra redonda, moi dura, que retrata a sociedade actual onde a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación mediática, os poderes fácticos, e, sobre todo, o desamor ou desafecto se xuntan nun cóctel destrutor no que se ve atrapado o lector”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.