O Concello de Boiro convoca procesos selectivos para dúas listaxes de condutor/a

22 Xuño 2020

O Concello de Boiro vén de convocar dous procesos selectivos para cubrir dúas listaxes de prazas municipais. Unha delas de condutor/a para o servizo de recollida de lixo e outra delas de condutor/a de vehículos e maquinaria. O prazo de presentación de solicitudes abre este martes 23 de xuño.

O Concello especificou que os contratos de traballo formalizaranse segundo a modalidade contractual laboral temporal segundo se necesite no momento de realizar a contratación. Os requisitos de formación previa das persoas candidatas para o proceso de condutor/a para o servizo de recollida de lixo son os seguintes: teñen que posuír a titulación de, como mínimo, Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de primeiro grao ou equivalente; e deben estar en posesión do permiso de conducir clase C, ter realizado e en vigor o curso de aptitude profesional (CAP) e estar en posesión do permiso ADR (transporte de mercancías perigosas).

Para o proceso selectivo de condutor/a de vehículos e maquinaria requírese estar en posesión do título da ESO (educación secundaria obrigatoria) ou equivalente. Tamén se esixe contar co permiso de conducir clase B e ter realizados os cursos de operador de retrocargadora (mínimo 130 horas) así coma o curso de nivel básico de prevención de riscos laborais (60 horas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.