O CIFP de Coroso de Ribeira achega o vindeiro curso tres proxectos de FP Dual

25 Xuño 2020

A Consellería de Educación vén de facer pública a oferta de Formación Profesional para o curso 2020-2021, unha contribución que serve para consolidar o que se coñece como FP Dual, que é aquela na que tamén as empresas se implican no labor educativo. Nesta modalidade ábrese matrícula en 22 proxectos na provincia da Coruña, tres deles en Ribeira.

A oferta na provincia da Coruña, na que se poderá formalizar a matrícula a partir de hoxe mesmo, contempla 12.326 prazas en primeiro curso en centros públicos (en números moi similares ao curso anterior), en 501 ciclos e programas formativos autorizados.

No referido á FP Dual ofértase un total de 302 prazas (138 en grao medio e 164 en grao superior).

Na listaxe de proxectos de FP Dual que abren matrícula para o vindeiro curso 2020/2021 inclúense como dixemos tres ciclos da nosa comarca, centralizados a través do CIFP de Coroso de Ribeira.,

No seu ciclo Elaboración de produtos alimentarios implícanse as empresas locais Ángel López Soto, Ignacio González Montes e Salica, Alimentos Congelados.

No ciclo Instalación de produtos de calor participarán as seguintes firmas: Alberto Joaquin Sampedro Martínez, Boiresa e Hijos, Comercial Rubel, Eduardo Varela e Hijos, Electro Vidal e Hijos, Foelca Energías, Instalaciones Fontami, Instalaciones Herfer, Jose Manuel Martínez Mariño Multiservicios Riveira, Obras y Servicios Lijó, Satas Barbanza, Socogas e Tecnifon Barbanza.

Pola súa banda, no ciclo superior Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos concorren Aluminios Cortizo, Amegrove, Ángel López Soto, Conservas Ria de Arosa, Ignacio Gónzalez Montes (IGNOSA), JJ Chicolino, Porexgal, Tecfrisa Instalaciones e Ingenería.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...