O Centro Social de Cabo de Cruz reabre as súas portas á veciñanza

09 Xuño 2020

Na liña de apertura progresiva de instalacións e servizos municipais iniciada coa desescalada, o Concello de Boiro anunciou hoxe o reinicio da actividade do Centro Social de Cabo de Cruz, que mantivo as portas pechadas durante estes meses (dando atención de xeito telefónico e telemático) e que volve dar servizo á veciñanza “con todas as medidas de seguridade”. Na mañá deste martes 9 de xuño retomáronse as clases de ioga que tiveron que interromperse por mor do Estado de Alarma.

Entre o 15 de xuño e o 15 de setembro o Centro Social de Cabo estará aberto de 9.00 a 14.00 horas, achegando un amplo e diverso programa de actividades durante estes meses de verán. Segundo confirmou o Concello, o programa incluirá clases de bordado, bolillos, ganchelo, ioga e ximnasia, traballos manuais e pandeireta, sempre con limite de persoas por grupo e con todas as medidas de seguridade marcadas polas autoridades sanitarias.

Amais, con vistas á tempada estival, o Concello habilitará no Centro Social de Cabo de Cruz dúas aulas de estudio con aforamento limitado para todos aqueles estudantes que as precisen para realizar as súas tarefas.

Por outra banda, o centro mantén a súa dispoñibilidade para acubillar actividades cidadás, como actos, reunións e asembleas, “sempre que se respecten as medidas de seguridade pautadas polas autoridades”. Estas xuntanzas poderán facerse no horario de apertura do centro e en todos os casos con solicitude previa. Toda a programación do centro para estes meses está suxeita a posíbeis cambios ou modificacións, tendo en conta a evolución da pandemia.

Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co centro a través do enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org, o teléfono 981 84 78 59 ou o blog do centro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.