O cabeza de lista dos socialistas pola Coruña pide dende Lousame un novo plan de residuos urbanos

15 Xuño 2020

O PSdeG-PSOE apostou este luns en Lousame por un novo plan de residuos urbanos alternativo. Fíxoo o vicesecretario xeral dos socialistas e cabeza de lista por A Coruña ás eleccións ao Parlamento galego, Pablo Arangüena, defendendo, nunha visita á Planta de Tratamento de Residuos do Barbanza, unha política de xestión de refugallos “máis adaptada aos estándares europeos”. Na súa visita á planta de Servia, en Lousame, Arangüena estivo acompañado das candidatas ao Parlamento Noa Díaz e Begoña Rodríguez Rumbo, do portavoz municipal do PSdeG Julio Paradela e da deputada provincial Sandra González.

A visita respondeu ao interese do responsábel socialista por “coñecer de primeira man a realidade dun modelo alternativo ao de SOGAMA”, o modelo da Mancomunidade dos Concellos do Barbanza, unha fórmula pola que, segundo fixo saber, “nunca apostou a Xunta de Galicia”. Laiouse ademais de o Goberno galego leve 11 anos “sen mostrar interese pola xestión e o tratamento de residuos”, precisamente cando a realidade impón un “cambio de rumbo acorde coa economía circular a transición ecolóxica”.

O candidato socialista defendeu o modelo de xestión da planta de Lousame, que “cremos que pode encaixar nun novo sistema de residuos de Galicia”, e lamentou que “sexa atacada por un PP ao que lle estorba por unha proposición sectaria, que prefire ignorar cando non estrangular estas instalacións”.

Tamén alertou de que a crise da COVID-19 “evidenciou un sistema de xestión de residuos caótico”, derivado “da escaseza de plantas de tratamento que teñen desbordada a SOGAMA, actualmente un vertedoiro moi lonxe de ser un modelo axeitado para afrontar unha transición enerxética”.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.