Novos cursos de Ribeira Academy

05 Xuño 2020

A Comisión abordou tamén outros asuntos, como unha nova
convocatoria de cursos gratuítos do plan Ribeira Academy cuxo prazo
de inscrición abrirá o vindeiro 15 de xuño. Poderán beneficiarse 400
persoas, con prioridade para persoas en paro, autónomas e
afectadas por ERTEs.
Tamén na semana do 15 de xuño está previsto a apertura das tres
liñas de axuda elaboradas no marco do Plan Reactiva Ribeira coa fin
de paliar os efectos no noso municipio da crise do Covid-19 :

  1. Convocatoria de axudas de emerxencia a persoas en situación
    de dificultade económica (persoas en paro e afectadas por
    ERTEs) como consecuencia do impacto económico provocado
    pola crise sanitaria do Covid-19 no municipio de Ribeira.
  2. Convocatoria de axudas para a reactivación económica do
    comercio e a hostalería local derivada da crise sanitaria do
    Covid-19 no municipio de Ribeira.
  3. Convocatoria de axudas para a mellora e innovación do
    comercio local no municipio de Ribeira.

Por outra parte, dende a Policía Local se informou dunha denuncia a
un local de hostalería que vulnerou o horario de confinamento,
mentres que dende Servizos Sociais se dou conta de que durante
este Estado de Alarma se están a atender mensualmente un total de
444 unidades familiares entre Cáritas Parroquial, ICE Renovación e o
propio Departamento de Servizos Sociais.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.