Mar e AMTEGA aplican blockchain á rastrexabilidade dos produtos do mar pescadeRias

08 Xuño 2020

As novas correntes tecnolóxicas non implican só que os nosos produtos, ante o mundo, estean mellor situados nos buscadores, teñan meirande visibilidade e incrementen as posibilidades de seren vendidos: tamén se dixiren a garantir que o fagan dun xeito máis seguro e controlado, con todas as vantaxes que isto ten para todos os implicados, incluídos os destinatarios. Esta é a base dun novo proxecto do Goberno galego para aplicar a tecnoloxía de cadea de bloques (blockchain) á rastrexabilidade da marca pescadeRias, de onde se non? O sistema, en funcionamento, xa procesou mais de 308.000 etiquetas desde o seu arranque.

A súa principal vantaxe é que “ofrece garantías da autenticidade de cada unha das operacións que se producen na cadea de valor nosos peixes e mariscos, os certificados coa dita marca de calidade”, informan a Consellería de Mar e a axencia AMTEGA, impulsoras da iniciativa. Para entendernos, o emprego da tecnoloxía de cadea de bloques equivale a “asinar ante notario todas as operacións que se producen”.

Que é blockchain?

As tecnoloxías blockchain son recursos moi axeitados para a protección de datos, a confidencialidade e a seguridade dos procesos en diferentes sectores como o bancario, educativo, sanitario, etc.
A cadea de bloques son libros de contabilidade electrónicos para seren compartidos abertamente por moreas de usuarios e que gravan todas as transaccións que se apuntan neles e sen que haxa xeito de modificalas, polo que se poñen en xogo importantes factores de seguridade e protección. Amais, a tecnoloxía Blockchain está na orixe e no impulso das moedas virtuais.

Aplicación do blockchain a pescadeRías

Esta tecnoloxía incorpórase como parte do proceso de cada operación da cadea de rastrexabilidade da marca Pescaderías, de onde se non?; desde que se recibe o produto nas lonxas, pésase e póxase no primeiro nivel de comercialización, así como todas as operacións de transformación de reexpedición que se realizan sobre o produto no segundo nivel de comercialización até que chega ao consumidor final.

A aplicación da dita tecnoloxía pon á disposición do usuario, xa sexa un axente ou un consumidor final, un informe completo de trazabilidade que pode atopar en calquera etiqueta do produto. O informe presenta as características do peixe ou marisco, a data e zona de captura, o seu peso e, tamén, a traza de todos os axentes da marca polos que pasou ese produto.

A marca pescadeRías

A marca pescadeRías, de onde se non? é un selo de identidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal cuxa fama de variedade e calidade traspasan as nosas fronteiras. Trátase dunha iniciativa da Consellería do Mar para impulsar que os produtos do mar procedentes da frota artesanal poidan ser claramente diferenciados, dentro da variada oferta que presenta un mercado cada vez máis globalizado e cunha ampla variedade de produtos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...