Licitado o novo firme das rúas Fontenova e Alto do Rial en Castiñeiras

02 Xuño 2020

O Concello de Ribeira comunicou a licitación dos traballos de pavimentado previstos para as rúas Fontenova e Alto do Rial no núcleo antigo de Castiñeiras. Segundo informa o Goberno local, a iniciativa ten o obxecto de emendar o estado de deterioro que presentan as lousas de pedra e de lastras que conforman a dita área de actuación, que ocasionan “reiteradas obras de reparación por parte da brigada municipal, razón pola cal se vai estender un novo pavimento”.

A tal efecto, o firme actual será demolido, con aproveitamento das lousas de pedra en bo estado (que servirán para a nova pavimentación) e das lastras (adoquíns) existentes, que serán trasladados ao almacén municipal. A superficie será cuberta cunha capa de formigón de 15 milímetros de espesor na que se intercalarán franxas de lousas de granito de dimensións 60x40x8 centímetros.

O importe da actuación ascende a 47.6810 euros, IVE incluído e o prazo de execución son tres meses. O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación. Os interesados dispoñen ata mañá 3 de xuño ás 0.00 horas para formular as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

Parque infantil en Artes

O concello tamén lembra que este mércores 3 de xuño remata igualmente o prazo para presentar propostas noutra actuación consistente no pavimentado e na reordenación do parque infantil do colexio de Artes. Cun orzamento de 32.834 euros e un prazo de execución de dous meses, a intervención persegue ampliar a zona de xogos, que se disporán nun novo pavimento de caucho continuo rodeado de herba artificial ata completar dunha área de actuación de 300 metros cadrados.

Ademais, será instalada unha liña de pluviais para evitar asolagamentos e pozas, formada por unha tubaxe de 75 metros de lonxitude, 3 pozos de rexistro e 4 arquetas.

Outros artigos

Palmeira acolle este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo

Este sábado 14 de decembro disputarase o Galego Absoluto no Pavillón Torres Colomer de Palmeira (Ribeira). Trátase dunha cita deportiva de primeira liña que recolle aos mellores taekwondistas da nosa comunidade e que, segundo avanza a organización, deparará aos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...