Galicia autorizará a apertura de discotecas e locais de ocio nocturno en xullo

08 Xuño 2020

A Xunta de Galicia decidiu hoxe retrasar unhas semanas a entrada en funcionamento das discotecas e dos restantes establecementos de ocio nocturno, de xeito que a apertura deste tipo de locais estará autorizada a partir do vindeiro mes de xullo.
Tras unha reunión interdepartamental na que a Consellería de Sanidade expuxo un informe relativo a este tema, o presidente da Xunta fixo uso da súa capacidade como autoridade competente delegada e asinou o Decreto polo que Galicia apraza a apertura de discotecas e establecementos de ocio nocturno.
En opinión do Goberno galego, o funcionamento destes locais non procede por agora e considera preferible agardar a que se poida avaliar o resultado do levantamento doutras restricións, como o libre tránsito entre as catro provincias galegas que entrou hoxe en funcionamento xunto coa entrada da Comunidade Autónoma na fase 3.
Durante as conversas mantidas con membros do sector, a Xunta de Galicia recoñeceu e agradeceu o esforzo que está a facer ao ver prolongadas as restricións que lles afectan en aras da maior seguridade para o conxunto dos galegos, e trasladoulle o seu compromiso para seguir traballando conxuntamente co obxectivo de que a apertura a partir de xullo poida
facerse nas condicións máis viables que sexan posibles.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.