Este martes abre o prazo de inscrición nos campamentos de verán da Xunta que contarán cun total de 6.872 prazas

15 Xuño 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentou esta mañá a campaña de verán para este 2020, que baixo o nome O verán que necesitas pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos de verán. A proposta de actividades, que comezarán na segunda quincena de xullo e se prolongarán ata comezos do mes de setembro, inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado, e como novidade, minicampamentos e prazas en residencia xuvenís.

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a orde que rexe a solicitude de praza para os campamentos en Galicia. Deste xeito, o prazo de solicitude abrirá mañá martes e terá unha duración de sete días hábiles. A conselleira destacou que o número de prazas é inferior á de anos anteriores debido á limitación do aforo establecido polas autoridades sanitarias por mor da covid-19, pero que se conseguiu acadar unha cifra relevante grazas á incorporación de instalación como as diferentes residencias de tempo libre de Galicia.

Entre as novidades deste ano está o incremento da variedade das actividades con campamentos de cociña no Centro Superior de Hostalería de Galicia, campamentos vinculados ao ámbito aeronáutico, á tecnoloxía ou ao coidado do medio ambiente, a posibilidade de que entidades xuvenís e grupos de mozas e mozos poidan realizar actividades propias en residencias xuvenís de Lugo e Ourense e minicampamentos de cinco días, de luns a venres, en establecementos turíticos.

Así mesmo, Fabiola García sinalou que un ano máis poderán participar todas as mozas e mozos de Galicia con independencia das súas capacidades ou necesidades especiais. Neste sentido, lembrou que existe unha convocatoria específica para as persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos dotada este ano con 132 prazas.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, presenta en rolda de prensa a Campaña de Verán
Protocolo específico

A conselleira asegurou que este programa pretende agradecer a nenos e pais o esforzo realizado durante os últimos meses de confinamento. Baixo o nome O verán que necesitas, esta campaña permitirá darlle as familias un servizo de conciliación atendendo sempre ás medidas de hixiene e seguridade que require actual situación.

Por iso, esta decisión foi consensuada co Comité Clínico, o cal ve viable a súa realización sempre que se garantan as medidas establecidas polas autoridades sanitarias como a redución do aforo nas instalacións para garantir o distanciamento de 1,5 metros, o reforzo do persoal monitor, que permitirá traballar en grupos máis reducidos nas actividades e o incremento das medidas hixiénico sanitarias.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, presenta en rolda de prensa a Campaña de Verán.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.