En Ribeira arden un banco e restos de madeira no interior dun aparcadoiro

02 Xuño 2020

Un incendio nun aparcadoiro situado na Praza de España mobilizou está madrugada aos servizos de emerxencia.

Ao fío das 04:00 horas desta madrugada, os mesmos profesionais de extinción de Ribeira comunicaron a súa saída ao 112 Galicia. Indicaban que foran solicitados pola Policía Local para un incendio nun aparcadoiro e que se alertase aos compañeiros de Boiro por se fose precisa a súa intervención.

Con estes datos, o 112 Galicia informou aos profesionais de Boiro que, decontado, saíron cara o punto. Por precaución, tamén se alertou ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que, por fortuna, non tiveron que intervir.

Finalmente, tras extinguir o lume, os Bombeiros confirmaron que unicamente arderan un banco e restos de madeira almacenados no seu interior e que o andar do aparcadoiro se vira afectado polo fume.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.