En Boiro aberto o prazo de inscrición para o os veráns deportivos 2020 do Concello

15 Xuño 2020

O Concello de Boiro abriu hoxe o prazo para as inscricións nas actividades dos veráns deportivos 2020, que se van celebrar entre o 29 de xuño e o 30 de agosto. As inscricións e toda a información poden facerse a través do departamento de Deportes de Boiro.
Remo, piragüismo, volei praia, baloncesto, atletismo, tenis, vela… son
algunhas das actividades para rapaces e rapazas que se van levar a cabo este verán. Tamén hai oferta formativa de actividades para mozos e adultos como son tenis, vela e tamén ximnasia para xubilados.
Ademais destas actividades, durante o verán vanse levar a cano outras
competicións deportivas promovidas polas propias entidades como son o campus de natación e triatlón, organizado polo Club de Natación Boiro, o
campus de Volei Praia do Boiro Voleibol, a Copa Concello de Boiro de Fútbol
Veteranos, o campus de fútbol do R.C.D da Coruña…
Pódese solicitar toda a información e facer a inscrición nas distintas
actividades no departamento de Deportes do Concello de Boiro de xeito presencial na Casa da Cultura, mediante o enderezo electrónico
deportes@boiro.org ou o teléfono 981 84 84 25.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.