Detido un veciño da Pobra por tenencia de armas e tráfico de drogas

13 Xuño 2020

A Garda Civil de Boiro e a Unidade de Información da Comandancia da Coruña, detivo a un home, de 49 anos e veciño da zona pobrense de O Campiño, acusado dos delitos de tráfico de drogas e tenencia ilícita de armas.
Segundo a benemérita o individuo publicou un vídeo nas redes sociais no que podía vérselle cun rifle de alta potencia, explicando que o modificaba. No mesmo víaselle realizando un disparo no que o proxectil atravesaba unha chapa de ferro. Os axentes rexistraron o domicilio onde se lle incautaron numerosas armas curtas e longas, de aire comprimido e fogueteo de distintos calibres, así como numerosas réplicas de airsoft e un arco de caza. Atopouse tamén unha escopeta de caza do calibre 16 co canón e a culata recortada coa súa respectiva munición.

No rexistro tamén se lle interviron armazones e canóns , algúns fabricados en plástico mediante impresoras 3D e que nalgunhas delas estaban aloxados nas súas recámara dous cartuchos do calibre 12; ademais de distinta cartuchería de caza e metálica de guerra antiaérea, e proxectís de distinto calibre.
Todas as armas intervidas carecían de documentación. A Garda Civil tamén atopou no domicilio do investigado 1,6 gramos de hachis e útiles para preparar a droga. O individuo fora denunciado a mediados de abril por un delito de tráfico de drogas ao atoparse cinco bolsitas de cocaína e dúas de heroína. O Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira asume a causa.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.