Corte de electricidade por labores de mantemento este martes 9 na zona de Artes, Deán Pequeno e Xarás en Ribeira

08 Xuño 2020

A empresa eléctrica Naturgy comunicou a posibilidade de cortes de subministro este martes 9 de xuño, debido aos labores programados de mantemento e desenvolvemento da súa rede en Ribeira. Estes traballos, sinala a operadora, son “precisos para poder atender nas mellores condicións posíbeis as necesidades de subministro da zona”. Os cortes concentraríanse o día 9 entre as 3.30 e as 7.30 horas. Naturgy anuncia que deixará fóra de servizo unha serie de instalacións, “o cal podería provocar interrupcións no subministro de electricidade durante o dito intervalo de tempo”.

As infraestruturas sometidas a descargo afectan aos seguintes lugares ou rúas: Artes (Xarás e San Xulián – Outeiro), Dean Pequeno, Santa Uxía (avenida de Ferrol) e Polígono Industrial de Xarás. Para comunicar calquera incidencia ou solucionar dúbidas, a empresa facilita o seguinte número de contacto: 900 333 999.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.