Boiro incrementou os servizos de axuda no fogar dende o comezo da crise sanitaria

18 Xuño 2020

O Concello de Boiro aumentou a asistencia aos maiores dende que se iniciou a pandemia de COVID-19, unha medida de choque que se dirixiu a mitigar as graves consecuencias que desencadeou a crise sanitaria nos eidos sociais máis vulnerábeis. En termos concretos, ao longo da emerxencia sanitaria tramitáronse dende o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) até 14 servizos, tanto de novas altas como de incremento de horas.

Pola natureza dos servizos, un número importante dos mesmos tiveron relación co cese de actividade do Centro de Día de Boiro, novamente por mor do Estado de Alarma. Entre os servizos demandados hai tamén usuarios e usuarias que solicitaron, durante este tempo, aumentar as horas diarias nas que se lles achega cobertura asistencial. A maior parte das altas son por unha ou dúas horas diarias de luns a domingo.

Desde a Concellería de Política Social lembran que se está a traballar, xunto coas demais entidades sociais do municipio e con todos os medios dispoñíbeis, “para facer fronte á xestión da crise producida pola pandemia de COVID-19 en materia de servizos sociais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.