En Boiro a Asociación Cultural Barbantia presentou a obra “Selected poems / Poemas escollidos”

13 Xuño 2020

A Asociación Cultural Barbantia ponse en marcha e xa este venres 12, na casa de cultura de Boiro organizo a primeirs cita, foi con María Armental, que presentou a tradución dunha selección de poemas de Douglas Dunn. A autora contou co apoio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde boirense, José Ramón Romero. O edificio da Cachada acolleu un aforo reducido debido a actual situación de pandemia.

Acto de presentación

A seguinte cita será o venres día 19 en Rianxo, onde Aurora Marco, falará do seu último libro, As irmandiñas, un volume que saca á luz a mulleres que desenvolveron en Galicia unha importante actividade social, cultural e política no período comprendido entre 1916 e 1936. A autora contará con Encarna Pego e o alcalde Adolfo Muíños. O acto contará coa intervención musical de Barahúnda, formado por Helena de Alfonso e José Lara.

Como no caso anterior a sala do auditorio na que se desenvolverá o acto ten capacidade para 40 persoas mantendo as distancias obrigatorias.

A cita do 26 terá como escenario o centro cultural Lustres Rivas de Ribeira. Será a escritora María Xesús Blanco a que se dirixa ao público para presentarlle O caderno de Rosalía, un libro de relatos que teñen como protagonista a unha nena forte, valente e entusiasta. Serán 55 as persoas que poderán acompañar á autora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.