As nosas aulas CeMIT póñense ao servizo do alumnado universitario para a realización de exames

03 Xuño 2020

As aulas CeMIT da nosa comarca van poñer as súas instalacións e servizos ao dispor dos universitarios que queiran facer os seus exames. Isto será posíbel grazas ao convenio de colaboración formalizado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (que xestiona xunto cos Concellos a devandita rede galega de aulas de capacitación e formación dixital), as tres universidades e a FEGAMP. Este convenio diríxese a facilitar ao máximo a realización das probas universitarias dos estudantes, co fin de seguir garantindo medidas anti-COVID nestes tempos de desescalada (evitándolles desprazamentos e desconxestionando os campus). A nosa comarca ten aulas CeMIT en Boiro, Ribeira, O Son e Noia.

Segundo informa o Concello de Boiro despexando dúbidas sobre o funcionamento desta novidade, “o alumnado universitario que queira facer uso deste servizo, sexa na aula CeMIT local ou en calquera outra aula galega das que contan con este servizo, teñen que darse de alta como usuarios na Rede de espazos de alfabetización dixital e seguir o protocolo para a realización de exames universitarios e reservar a data e hora do exame”.

O Concello tamén lembra que o acceso as aulas CeMIT faise seguindo todas as medidas e normas de seguridade e hixiene pautadas polas autoridades sanitarias como manter as distancias de seguridade de 2 metros, empregar luvas e mascara de protección e realizando unha correcta hixiene de mans.

Toda a información sobre o servizo pode atoparse na paxina web de CeMIT, a través do enderezo electrónico cemit@xunta.gal ou no telefono 981 91 03 59.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...