As familias do Son poden inscribirse ao programa Movida Urbana até o 30 de xuño

18 Xuño 2020

O Concello de Porto do Son organiza este verán, entre o 6 de xullo e o 28 de agosto e poñendo en xogo medidas exhaustivas e estritas de seguridade, o programa de conciliación Movida Urbana, destinado a achegar lecer e formación para a rapazada ao mesmo tempo que se garante, cun amplo programa de accións, o desenvolvemento da actividade profesional das nais e dos pais. O programa vaise celebrar en Porto do Son, en Portosín e máis en Xuño.

Porase ao servizo de nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos e os 12, en horario de mañá. A taxa será de 40 euros, con diversas bonificacións e con prezo de balde para a rapazada de familias en situación de emerxencia social. A data límite de inscrición é o 30 de xuño.

Outros artigos

Arrancou en Portosín o Campionato de España ILCA Master

O Campeonato de España ILCA Máster arrancou este venres en Portosín cunha xornada marcada polas dificultades meteorolóxicas na ría de Muros e Noia. A ausencia de vento estable impediu completar manga ningunha, tras máis de sete horas de espera no campo de regata....

+

O 21 de maio arrincan as Festas de Santa Rita de Nebra

O vindeiro 21 de maio comezan en Nebra (O Porto do Son) as Festas de Santa Rita, que este ano redobra a súa posta pola troula e o baile e a música tradicional e popular. Os festexos arrincan o 21 de maio, Día do Cruceiro de Tores, a primeira hora con alboradas a cargo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.