As cacharelas nos Areos (A Pobra) non estarán finalmente permitidas

22 Xuño 2020

Ante a situación de rebrote que se deu estes días na nosa Comarca e co obxectivo de achegar situacións seguras para esta festividade de San Xoán, o Concello de Pobra do Caramiñal vén de tomar a decisión de non dar continuidade ao bando no que no aproba a resolución que autorizaba as cacharelas na praia dos Areos.

Como lembraremos, os días pasados o Concello da Pobra confirmou que ía permitir a celebración da dita festividade no devandito areal urbano, baixo estritas medidas de seguridade e cun exhaustivo operativo no que estaba previsto que participasen (informando, vixiando e incluso paralizando a celebración se fose preciso) a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil. Agora, se ben as autoridades sanitarias informan de que o novo episodio (que afectou a oito persoas residentes en Ribeira e unha na Pobra) está controlado e de que se coñecen os contactos que tiveron as persoas contaxiadas (que se manteñen en corentena e baixo), o Goberno local tomou a decisión de non permitir as cacharelas nos Areos porque “non é posíbel ter a seguridade absoluta de que ningún caso escapou ao devandito control”.

No novo comunicado do Concello, o Goberno local lembra que si que se vai permitir organizar actos de celebración a nivel privado pero failles saber ás persoas que organicen e participen nestas actividades “que cumpran estritamente coa normativa sanitaria, que non permitan infraccións e que, no caso de ter nenos ao seu cargo, procedan a sensibilizalos sobre o problema vixente e actúen con responsabilidade”.

O Concello tamén expresa o eu apoio ás familias afectadas por estes novos contaxios, desexándolles que se recuperen “o antes posíbel”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.