Abren as inscricións para os sete cursos tecnolóxicos de verán da aula CeMIT de Ribeira

29 Xuño 2020

O Concello de Ribeira informou de que xa están abertas as inscricións dos cursos organizados para este verán na aula CeMIT local: sete actividades tecnolóxicas formativas nas que, de forma gratuíta, a veciñanza xa pode matricularse, das cales catro están dirixidas a nenos e nenas e tres a adultos.

Os cursos, que se van desenvolver baixo os estritos protocolos de seguridade sanitaria (só haberá oito equipos informáticos dispoñíbeis, co fin de asegurar a distancia entre os asistentes, e será obrigatorio levar máscaras e lavar as mans co xel hidroalcólico disposto á entrada do centro TIC de Ribeira), son recursos de gran utilidade e potencial para ampliar a formación e os coñecementos de pequenos e maiores.

O calendario de cursos dirixidos a nenos e nenas queda da seguinte maneira:

Nenos e nenas

Mecanografía – Editor de textos: Luns, mércores e venres do 6 de xullo ao 31 de xullo, de 10 a

11.30 horas. De 8 a 15 anos.

Informática básica: Luns, mércores e venres, de 6 ao 31 de xullo de 12 a 13.30 horas. De 6 a 10 anos.

Google Drive – Documentos na Nube: Luns, mércores e venres do 3 de agosto ao 28 de agosto, de 10 a 11.30 horas. De 11 a 15 anos.

Scratch – Inicio Robótica, luns mércores e venres de 12 a 13.30 horas. De 11 a 15 anos.

Adultos (a partir de 16 anos)

Aula Aberta: martes e xoves do 7 de xullo ao 28 de agosto, de 10 a 11.30 horas.

Editor de textos Write: martes e xoves do 7 de agosto ao 30 de xullo de 12 a 13.30 horas.

Folla de cálculo Calc: martes e xoves do 4 de agosto ao 27 de agosto de 12 a 13.30 horas.

As inscricións poden facerse na aula CeMIT de Ribeira ou vía web na súa páxina en Internet.

Outros artigos

Ribeira busca terreos para albergar o novo centro de saúde

O Concello de Ribeira buscará parcelas adecuadas no centro da cidade para a construción do novo centro de saúde. Estas parcelas deben estar ben situadas e con fácil acceso ao transporte público. Cando se sitúen, ofreceranse a Sanidade para a construción do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

Case que dous anos despois do naufraxio en Terranova do arrastreiro de Marín "Villa de Pitanxo", seguen as contradicións nas declaracións do patrón e un sobriño deste, as da casa armadora Nores, e un mariñeiro ghanés, tripulante do buque afundido a cuxas teses se...