Abertas as inscricións para a VI Carreira pola Diversidade que organiza a Asociación Ambar

26 Xuño 2020

Xa están abertas as inscricións para a VI Carreira pola Diversidade que organiza a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, sendo este o seu sexto ano consecutivo. A proba terá lugar o domingo 19 de xullo do 2020. Nesta ocasión dada a situación de alarma sanitaria, a carreira realizarase de maneira individual.
A “Carreira pola diversidade” desenvólvese coa intención de servir de inspiración a todas as persoas con diversidade funcional que ven limitada a práctica deportiva na súa comunidade, creando coa axuda de todos os participantes, un catálogo de rutas con valoracións da accesibilidade, nas que poidan practicar a carreira popular no seu concello.
A diferencia dos anos anteriores, cada deportista realizará a proba na súa propia vila, elixindo a ruta de 5 km que prefira, e remitíndoa posteriormente á organización cunha valoración da accesibilidade percibida segundo os criterios de valoración indicados pola entidade. O reto nesta edición consistirá en rexistrar circuítos accesibles para a práctica
deportiva ao aire libre en todos os concellos de Galicia e outros fóra dela, polo que non se dará relevancia aos tempos de execución senón á accesibilidade e calidade dos mesmos.
As probas darán comezo as 10:00h da mañá, e poderán desenvolverse ao longo de todo o día. As persoas participantes deberán subir unha foto ao iniciar o percorrido na súa conta de Facebook, e etiquetar á Asociación Ambar. Ao longo das vindeiras semanas Ambar colgará nas súas redes sociais e páxina web información e recomendacións para levar a cabo a carreira. Ante calquera dúbida pódese consultar o regulamento da carreira.
Esta carreira que superou os 300 participantes na súas edicións anteriores, quere seguir sendo un exemplo de deporte inclusivo dentro e fóra da comarca.

Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional
Lg de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira (A Coruña)

981 875 475 |607 356 550

Inscricións
A inscrición poderá facerse en Galitiming sendo a data límite o día 17 de Xullo ás 23:59 horas.
Ademais, nesta mesma páxina web, existe a posibilidade de facer a inscrición do “Dorsal 0” e colaborar de maneira solidaria neste evento.
A cota de inscrición é de 5 € e a recadación será destinada á adquisición de material para a prevención do contaxio por COVID-19, para as persoas con diversidade intelectual.
As modalidades de inscrición son as seguintes:
 Modalidade 5.000 m Zapatilla
 Modalidade 5.000 m Hand Bike.
 Modalidade 5.000 m Cadeira de atletismo.
 Modalidade andaina (menos de 5.000 m)
Sobre a Carreira pola diversidade
A Carreira da Diversidade, empezou a súa andaina na Barbanza no ano 2015, convertendo a nosa comarca nun referente a nivel galego. A proba supuxo todo un avance por tratarse dunha competición deportiva de carácter inclusivo, pioneira na comarca e segunda en toda Galicia, na que puideron participar as e os deportistas nas modalidades de “Hand Bike” e “Cadeira de atletismo”, excluídas na maioría das probas autonómicas.
Ata ese intre, as únicas probas deportivas que incluían a deportistas con mobilidade reducida foran as realizadas na cidade de A Coruña e Lalín. A Carreira da Diversidade superou a participación de persoas con diversidade funcional destas dúas probas, poñendo a esta carreira á cabeza de probas deportivas inclusivas. Ademais este evento contou coa participación de deportistas paralímpicos e de elite como Mila López Vernet, Álvaro Illobre,
José Manuel de la Iglesia. Así mesmo para a promoción da Carreira nas diferentes edicións contamos co respaldo de grandes atletas e deportistas recoñecidos como Fabián Roncero,Jesús de la Osa, Fernando Romay, Killian Jornet, Marta Arce, Sabela Pensado e Carlos Brión.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.