ABANCA pon a disposición do empresariado de Ribeira un amplo paquete de servizos para afrontar a desescalada

15 Xuño 2020

A Asociación de Empresarios de Ribeira e ABANCA asinaron este luns 15 de xuño un acordo de colaboración destinado a botar unha man aos empresarios e autónomos no complexo regreso á normalidade post-COVID. Segundo fixeron saber, o documento formalizado posibilitará o financiamento de investimentos en Ribeira “para apoiar a modernización e a competividade” do tecido produtivo do concello, “unha zona moi dinámica da provincia”, en palabras a entidade financeira.

O convenio foi subscrito polo presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, e o director de sucursal de ABANCA en Ribeira, Francisco José Sampedro González.

En termos máis concretos, a entidade comprométese a achegar ás empresas pertencentes á asociación un plan de financiamento que responde “de maneira integral ás súas necesidades” e que inclúe produtos e servizos que permitirán “acometer investimentos e reforzar a competitividade dos proxectos”.

Entre os produtos a disposición do empresariado de Ribeira atópanse préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con “amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos”, sinalou o director de ABANCA en Ribeira, engadindo que a oferta tamén inclúe solucións para “as necesidades máis inmediatas” e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria.

O colectivo terá á súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, corfirming ou factoring segundo as súas necesidades. Do mesmo xeito, os empresarios de Ribeira poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.