A Xunta achega axudas a sete establecementos turísticos do Barbanza para mellorar equipamentos e servizos

20 Xuño 2020

Sete negocios da nosa comarca, centrados na hostalería, van recibir axudas da Xunta para mellorar equipamentos e servizos. O investimento neste sector (turismo, restauración) será de 140.000 euros, dun total de 471.000 euros. Beneficiaranse dous hoteis en A Pobra do Caramiñal, Serra de Outes e Ribeira e catro restaurantes en Noia, Boiro e Ribeira.

Con esta achega, a Xunta contribuirá a financiar, entre outras actuacións, accións de mellora nas súas infraestruturas e nos seus servizos, “buscando unha oferta de maior calidade para os propios galegos e os visitantes”.

En termos máis concretos, apóianse proxectos de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, melloras nas instalacións para obter certificacións de excelencia, actuacións de renovación e modernización das instalacións ou melloras na climatización.

A liña de axudas consignou máis de 80.000 para catro restaurantes que solicitaron a axuda e que cumprían cos requisitos. Pola súa parte, os tres establecementos de aloxamento contarán con algo máis de 60.000 euros.

No ámbito provincial serán 21 os establecementos beneficiados por esta liña de axudas cun investimento total de 327.000 euros que mobilizarán 1,1 millón de euros nesta área.

A posta en marcha desta liña de axudas enmárcase nos obxectivos da Consellería de Cultura e Turismo de favorecer a renovación e modernización dos establecementos da Comunidade co obxectivo afondar un destino accesíbel e de calidade. Estes son os negocios beneficiados:

· POBRA DO CARAMIÑAL

Camping de Cabio

· SERRA DE OUTES

Casa de Roque

· RIBEIRA

Camping Coroso

·NOIA

A Noiesa Restaurantes

· BOIRO

Restaurante Chicolino

· BOIRO

Restaurante Florida

· RIBEIRA

Restaurante Casa Hermo

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.