A Policía Local de Rianxo levou a cabo 183 denuncias administrativas por incumprimento das medidas de protección sanitaria

11 Xuño 2020

Material incautado a unha persoa por tŕafico de estupefacientes

No marco dos traballos de control (dispositivos estáticos e móbiles por todo o termo municipal) para o cumprimento das medidas impostas no Estado de Alarma, a Policía Local de Rianxo, en colaboración coa Garda Civil local e ao abeiro da Operación Balmís, interceptou, identificou e verificou un total de 2.687 persoas en vía pública, amais de levar a cabo 183 denuncias administrativas (26 delas por incumprimento das medidas de mobilidade) e instruír dilixencias policiais, sendo investigadas xudicialmente 10 persoas e detidas outras 2. Amais, no balance das actuacións recentes da Policía Local faise saber que nos controis establecidos detectáronse 21 condutores baixo os efectos das drogas, os cales foron denunciados administrativamente. Unha das persoas investigadas foino por un delito contra a saúde pública.

Este individuo foi interceptado cando transportaba agochado no corpo un recipiente plástico que contiña 19 doses de sustancias estupefacientes, sendo sometido a inspección o vehículo no que circulaba. Neste atopouse máis diñeiro en moeda fraccionada e, tamén, dous teléfonos móbiles. En relación á persoa investigadora, instruíronse dilixencias ao Xulgado de Garda de Padrón (A Coruña).

Ademais de todo o devandito, foron efectuadas outras catro aprehensións de drogas en vía pública, o que rematou coa denuncia administrativa dos seus posuidores.

A Policía Local engadiu que dende o inicio do Estado de Alarma foron atendidos mais de 2.500 requirimentos de información ou asistencia á cidadanía, prestouse auxilio (en colaboración co persoal de Servizos Sociais de Rianxo e outros departamentos do Concello) a persoas en risco, e repartíronse (xunto coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil) 17.000 máscaras de protección na totalidade dos domicilios do término municipal.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.