A policia aclara incendios forestais de Ribeira, A Pobra e O Son

02 Xuño 2020

A Policía Autonómica e axentes ambientais da Consellería do Medio Rural adscritos ao distrito Forestal IV- O Barbanza, esclareceron dous incendios que se rexistraron na última semana do mes pasado en Ribeira, A Pobra do Caramiñal e en Baroña no Son.

Segundo os investigadores, as chamas orixináronse debido a queimas de restos agrícolas e forestais nas que non se observaron todas as medidas de precaución, sendo afectadas en total unhas 2,4 hectáreas de superficie rasa e 0,2 hct en Baroña tamén de raso. En cada un deses incendios foron necesarios, entre outros medios humanos e materiais da zona, unha motobomba e unha cuadrilla do Servizo de Prevención e Defensa contra vos Incendios Forestais da Xunta de Galicia para o control do lume e refrescado do lugar. No tempo que transcorreu deste ano xa foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 17 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.