A Piscina de Rianxo xa ten data oficial de apertura: o 22 de xuño

11 Xuño 2020

Prosegue, paseniño e coas lóxicas e naturais medidas de seguridade e control, a volta á actividade dos servizos dos nosos concellos. En Rianxo, as seareiras e os seareiros dos deportes acuáticos terán unha boa nova o 22 de xuño, coa apertura do complexo da Piscina Municipal e a reactivación de todas as zonas deportivas, incluída a zona de augas.

Días antes, o 17, abrirase a canle para realizar consultas (sobre información da propia piscina e as súas medidas de seguridade, sobre os trámites administrativos do abono) a través do correo electrónico e o teléfono específico do centro. Dende a piscina, a xerencia sinala que conxuntamente co Servizo Municipal de Deportes están a implantar os novos protocolos de seguridade e hixiene que farán que “o gym sexa un espazo seguro e que as experiencias deportivas sexa as mesmas de sempre”.⁣⁣⁣

Estas son algunhas das medidas aplicadas. ⁣⁣⁣

✅ Hixiene e limpeza reforzada.⁣⁣⁣

✅ Renovación constante de aire e desinfección continua de filtros.⁣⁣⁣

✅ Reforzo de desinfección en auga de piscina.⁣⁣⁣

✅ Desinfección de material e maquinaria.⁣⁣⁣

✅ Garantía distancia mínima.⁣⁣⁣

✅ Múltiples estacións de desinfección.⁣⁣⁣

✅ Horario preferente para maiores de 65 anos.⁣⁣⁣

✅ Control de aforo a través de reserva de clases en app.⁣⁣⁣

A cidadanía poderá consultar todas as medidas de hixiene e seguridade na web de Aquafit, a firma que xestiona o complexo. A concesionaria engade que do 22 ao 30 de xuño o acceso será gratuíto para todos os usuarios que non se deron de baixa durante o peche. ⁣⁣Amais, na cota de xullo vanse descontar os días de marzo non gozados.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.