A Deputación apoiará os festivais que se adapten á actual situación sociosanitaria

08 Xuño 2020

A Deputación da Coruña anunciou estes días o seu apoio aos festivais que sigan convocados nos concellos da provincia neste contexto de desescalada, achegándolles recursos para que sexan quen de adaptarse á nova situación sociosanitaria cunha reformulación dos seus programas: apostando polos formatos online e, no caso se incluír actividades presencial, polas audiencias controladas e limitadas. Concellos e entidades organizadoras de festivais terán até un novo prazo aberto até o día 15 para presentar un proxecto e un orzamento adaptado e acceder ás axudas da Deputación da Coruña. A área de Cultura quere facilitar deste xeito a reformulación dos eventos que foran presentados ás dúas liñas de subvención para festivais, ás que destina un millón de euros.

“Dende a área de Cultura da Deputación da Coruña apoiamos a realización dos festivais de maneira decidida a través de dúas liñas de axuda porque consideramos que son relevantes non só como plataformas de difusión cultural senón tamén para a dinamización do sector e promoción económica co cal, neste tempo tan difícil coa cancelación absoluta dos espectáculos ao vivo, queremos poñer todas as facilidades para que se poidan desenvolver coas debidas precaucións mais contando con non prexudicar máis aínda ás persoas e pequenas empresas”, sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Os certames que decidan continuar coa organización do festival deberán xuntar un novo orzamento no que poderán incluír os gastos subvencionábeis derivados da organización do evento no seu formato orixinal non recuperábeis no que poderán incluír as indemnizacións orixinadas pola súa anulación.

A área de Cultura anuncia tamén que na convocatoria de 2021 non se terá en conta a edición de 2020 a efectos de valoración, por ser a deste ano en curso unha edición condicionada de xeito moi relevante pola crise do coronavirus.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.