A Biblioteca de Rianxo está de volta este 3 de xuño

03 Xuño 2020

A Biblioteca Municipal de Rianxo está definitivamente de volta, e a reapertura non deixa de ser unha boa nova para toda a poboación do concello, non só para aquelas veciñas e veciños máis directamente implicadas e implicados no saudábel hábito da lectura, tan necesario nestes tempos de adversidade, post-confinamento e progresiva desescalada.

Segundo informaron fontes da Biblioteca, este mércores 3 de xuño o servizo regresa á actividade con horario de 10.00 a 13.30 horas (de luns a venres) e con posibilidade de facer préstamos e devolucións con cita previa. Para máis información e para concertar citas podemos chamar aos números de teléfono 981 860 272 e 667 185 581, ou ben enviar un correo á conta biblioteca@concelloderianxo.gal.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.