A aula CeMIT de Ribeira achegará un espazo para a realización de exames universitarios

04 Xuño 2020

Entrada da aula CeMIT de Ribeira nunha imaxe de Canal Barbanza

Onte avanzámolo en O Barbanza e este xoves a aula CeMIT de Ribeira confirmouno: o alumnado universitario vai poder facer uso do dito espazo de conexión e formación tecnolóxica para facer os seus exames. Isto (froito dun acordo entre as universidades e AMTEGA) será aplicábel ás restantes aulas CeMIT da comarca e tamén á ribeirense, que contará cun espazo reservado para a realización das probas das facultades galegas a disposición das e dos estudantes universitarios que non conten coa conectividade axeitada no seu fogar.

Poderán inscribirse nestas probas os universitarios dos nosos campus que precisen realizar os seus exames online. O Concello de Ribeira, que xestiona a aula xunto coa axencia autonómica AMTEGA, lembra que só será necesario acudir co equipamento propio á aula para poder realizar a proba pertinente. Os horarios reservados para esa actividade son de 8.00 a 11.00 da mañá. Buscarase flexibilidade no caso de ter que ser fóra de ese horario.

Os interesados deberanse inscribir como usuarios da aula CeMIT para poder realizar a actividade. Para calquera aclaración opdemos chamar ao teléfono 981876043 ou mandar un correo á conta cemit.ribeira@xunta.es.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.