Arranca o prazo para o certame de vídeos en galego Youtubeir@s 2020

08 Xuño 2020

Os Premios Youtubeir@s, organizados polos servizos de normalización lingüística de varios concellos entre os que se atopa Rianxo, das universidades galegas e da Deputación da Coruña, lanzan a súa cuarta edición con cambios significativos nas súas bases e un incremento da súa dotación económica, que pasa dos 6.500 € de 2019 a 7.500 € para repartir nas doce categorías do certame neste ano. Tal como publicamos en O Barbanza o prazo de inscrición abreuse o pasado 27 de maio rematará o 23 de outubro.

Unha das novidades desta cuarta edición de Youtubeir@s é a reorganización e ampliación das diferentes categorías. Se en 2019 o certame estaba dividido en oito galardóns, para este 2020 contémplanse doce diferentes. Así, o concurso contará cos seguintes premios: canle, vídeo, youtubeir@, calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, musical, didáctico, pioneiro e premio do público. Os tres primeiros acompañaranse cunha dotación económica de 1.000 euros, mentres que os nove restantes chegarán aos 500 euros. En total, Youtubeir@s repartirá entre as persoas gañadoras 7.500 euros.

Outros artigos

O pleno da Estrada acorda o irmandamento con Rianxo

O pleno da corporación municipal da Estrada aprobou esta semana, por unanimidade, o irmandamento do Concello estradense co de Rianxo, municipios unidos simbólica e culturalmente pola parella que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.