Ribeira adxudica as obras de pavimentado e pluviais en Pedra do Pino, Corrubedo

26 Maio 2020

O Concello de Ribeira adxudicou con carácter provisional o pavimento e a instalación da rede pluviais na zona coñecida como Pedra do Pino, na contorna da praia da Ladeira en Corrubedo. A actuación abrangue dous viarios, un con pavimento de terra e outro con aglomerado asfáltico que se atopa en mal estado e con sobreanchos en terra ata os peches colindantes.

O proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello inclúe os seguintes traballos:

· No viario principal que comunica por unha beira coa estrada de entrada á vila de Corrubedo e pola outra coa rúa das Delicias, instalarase unha rede para drenaxe de pluviais consistente en dous tubaxes de 315 milímetros de diámetro e 156 e 250 metros de longo que descorrerán polo centro da calzada. En canto ao outro viario a solución adoptada é a construción de cunetas.

• No que se refire á pavimentación, realizarase con aglomerado asfáltico en quente nunha superficie de 3.841 metros cadrados, incluíndo os sobreanchos. Ademais, nunha determinada zona construirase un treito de 125 metros de longo de beirarrúas a base de baldosa hidráulica e bordo prefabricado de formigón.

O prazo de execución é de tres meses e as obras, que recaeron na empresa Excavaciones Abelleira, comportan un investimento de 71.420 euros, IVE incluído, financiadas no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018.

O Concello lembra que en outono de 2018 realizouse unha primeira intervención en Pedra do Pino dirixida á instalación de saneamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.