Rianxo activa axudas nos alugueiros de vivenda habitual para minimizar o impacto económico e social do COVID-19

26 Maio 2020

A contía da axuda será de ata 500€ mensuais no caso de aluguer ou ata 3.000€ no caso de ter accedido ás axudas reguladas no art. 9 do Real Decreto-lei 11/2020. A axuda concederase polo prazo en que se acredite estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia do COVID19, durante un período máximo de 6 meses, e poderá ter efectos retroactivos.​​​​​​​

Requisitos xerais de vulnerabilidad económica

  • Que a persoa con obriga de pagar a renda de alugueiro da vivenda habitual, como consecuencia do impacto do COVID19, teña problemas transitorios para atender ao pago do dito aluguer por pasar a estar en situación de desemprego, expediente temporal de regulación de emprego (ERTE) ou reducise a súa xornada por motivo de coidados, en caso de ser empresario/a, ou outras circunstancias similares que supoñan unha perda substancial de ingresos e non alcancen o límite de ingresos establecido.
  • Que a renda, máis os gastos e subministracións básicas, do mes anterior á solicitude da axuda resulten superiores ou iguais ao 35% dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar.

Persoas beneficiarias

  • Ser persoa física maior de idade, na condición de persoa arrendataria de vivenda habitual e acredite estar en situación de vulnerabilidade económica.
  • Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
  • Ser titular dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral e da forma de pagamento.
  • Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración Pública da Comunidade Autónoma.

Lugar de presentación:

Preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as solicitudes poderanse presentar nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de solicitude:Ata o 30 de setembro de 2020

MÁIS INFORMACIÓN:

  • Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
  • Área provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

Estas tardes quedas e frías de inverno son a oportunidade para atallar propósitos que, tempo atrás, e noutras circunstancias, non poderíamos atender. Chove quedo afora. Manan as beizóns da auga do ceo entre parques arborizados e poemas labrados nas pedras da...

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

Eterno dilema. ¿El fin justifica los medios, si o no? Mi opinión, todo depende del resultado final. Asesino es quien mata a otro. Pero como siempre hay salvedades, si yo matase a quien tú piensas, y puedes pensar en plural, no seria asesino, sino salvador de muchas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.