Renacer desminte as supostas propiedades do alcol en relación coa COVID-19

27 Maio 2020

A asociación ribeirense Renacer vén de emitir un comunicado para clarificar conceptos en relación á información aparecida nas redes sobre as supostas propiedades positivas do alcol en relación coa COVID-19, unha información falsa que non fai máis que incrementar os riscos fronte a pandemia e, tamén, incrementar o consumo da dita bebida entre a poboación. Segundo explica Renacer, polas canles de información empregadas sobre todo pola xuventude están a circular noticias erróneas sobre as propiedades saudábeis e sanitarias do consumo de alcol, destacando o seu suposto potencial para destruír o virus no sangue e máis no aire respirado (con bebidas de alta graduación) e, tamén, para estimular a inmunidade e a resistencia.

A realidade é outra ben diferente, lembran dende a organización, xa que aparte dos moitos prexuízos graves para a nosa saúde que carrexan este tipo de produtos, o alcol aumenta de xeito considerábel o risco do Síndrome de Dificultade Respiratoria Aguda (SDRA), unha das complicacións máis graves da COVID-19. Ademais, non mata o virus no aire inhalado; nin se desinfecta a boca nin a gorxa; nin tampouco se obterá protección algunha contra o coronavirus. “Todas as bebidas alcohólicas de alta e baixa graduación son nocivas para o noso sistema inmunitario; polo tanto en ningún momento van estimular a nosa inmunidade”, explican dende a organización, reflectindo datos da Organización Mundial da Saúde (OMS).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.