Reabren ao público os oito portais da rede de parques naturais de Galicia

20 Maio 2020

Os oito portais e centros de visitantes vencellados á Rede de Parques Naturais de Galicia acaban de retomar a súa actividade de cara ao público logo do levantamento da suspensión que pesaba sobre este tipo de instalacións debido ao COVID-19. Así o comprobou persoalmente a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que visitou esta mañá o Centro de Interpretación das Fragas do Eume acompañada pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.
Cómpre lembrar que estas oficinas de atención ao visitante levaban pechadas desde a declaración do estado de alarma a mediados do mes de marzo. Na súa última reunión, sen embargo, o Centro de Coordinación Operativa da Xunta acordou reabrir ao público os centros de visitantes e de interpretación dos parques naturais galegos, ao amparo da orde de 30 de abril que regula as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre e permite “circular por calquera vía ou espazo de uso público, incluídos os espazos naturais e zonas verdes autorizadas”.
Como paso previo á súa reactivación, Vázquez Mejuto explicou que se tiveron que adoptar toda unha serie de medidas hixiénicas e de atención ao público co obxectivo de garantir a prestación do seu servizo pero “minimizando ao máximo o posible risco de contaxio”.
Para iso, a Consellería deseñou e aprobou un protocolo de actuación ante o COVID-19 neste tipo de centros que implicou reorganizar tanto os espazos de traballo como os reservados para a circulación dos visitantes co fin de manter sempre a distancia de seguridade, reforzar a hixiene e a limpeza das instalacións, colocar carteis informativos, marcas no chan e outros elementos de sinalización de utilidade, ou limitar o aforo máximo ao
recinto, evitando aglomeracións.
Neste sentido, prevese que os visitantes, que deberán acceder ao centro provistos de máscaras, agarden fóra das instalacións cando non se poida manter a distancia establecida entre eles e os grupos deberán ser reducidos, non superando en ningún caso as 10 persoas e sempre mediante cita previa.

Despois de dous meses de inactividade pública nos portais e centros de visitantes dos parques naturais, Ángeles Vázquez subliñou que durante todo o estado de alarma seguiuse a traballar a porta pechada. Deste xeito, as actividades de atención ao público foron substituídas por outras como a elaboración de manuais de boas prácticas relacionados coa biodiversidade, o parque natural, o sendeirismo ou o propio centro de recepción de visitantes, entre outros, a preparación de fichas didácticas de talleres, xogos ou actividades deseñadas para a súa execución durante as charlas ou rutas guiadas, a revisión e proposta e mellora da páxina web ou o deseño de novos roteiros con guía.

Ademais, co fin de manter estes espazos naturais en perfecto estado de conservación, sinalización e limpeza de cara á súa reapertura, tamén se levaron a cabo traballos de mantemento da contorna.

A conselleira agradeceu ao persoal ao servizo da Consellería o traballo realizado durante o estado de alarma tanto nos seis parques naturais cos que conta Galicia –complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Monte Aloia, Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadoiro e Serra da Enciña da Lastra, ademais de Fragas do Eume-como no resto de espazos protexidos da comunidade, un labor imprescindible para manter e conservar os valores naturais que atesouran.
Neste sentido, lembrou tamén que este domingo 24 de maio se celebra o Día Europeo dos Parques Naturais, unha efeméride que lembra a declaración hai máis dun século dos primeiros parques naturais do continente, en Suecia, e que nesta ocasión conmemorarase baixo o lema A natureza, boa para a túa saúde.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA Ángeles Vázquez, que visitou o Centro de Interpretación das Fragas do Eume

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...