Portos de Galicia mantén adiada as taxas ata dous meses despois do remate do estado de alarma

02 Maio 2020

Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, ten en vigor desde o inicio da crise sanitaria provocado pola COVID-19 un paquete de medidas de flexibilización do pago das taxas portuarias coa finalidade de aliviar a situación económica dos seus usuarios e favorecer que dispoñan de liquidez. Neste marco de apoios, o ente público adiará novas taxas aos administrados ata dous meses despois da finalización do estado de alarma.
Con esta medida, Portos de Galicia pretende contribuír a rebaixar posibles tensións de tesourería ás entidades e empresas usuarias dos portos e contribuír a que poidan manter a súa actividade unha vez superada esta situación excepcional pola alerta sanitaria. A maiores, os contribuíntes poderán beneficiarse dos adiamentos e fraccionamentos habituais
previstos tanto na lei xeral tributaria coma nos regulamentos de recadación en vigor nacomunidade.
Ante as numerosas consultas neste sentido que se están a recibir no ente público, Portoslembra que a día de hoxe non pode coñecerse aínda o alcance e consecuencias do estado de alarma, tanto para os usuarios como para o propio organismo autónomo, polo que as medidas adoptadas responden ás posibilidades de actuación inmediata dentro do marco
regulador autonómico e estatal que lle é de aplicación.

Porto de Santa Uxía de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.