Palmeira recuperará nuns días o médico de familia. Corrubedo farao este mércores 27

26 Maio 2020

O SERGAS informou esta tarde que proximamente Palmeira terá novamente médico no consultorio da Casa do Mar. Os desprazamentos dos médicos de Palmeira e Corrubedo a Santa Uxía, debeuse a unha situación temporal e á solicitude dos propios facultativos causado por motivo de saúde laboral. O SERGAS informou que en ningún caso se pensou en deixar os centros sin médico.

Pola sua banda tal como informamos a primeira hora da tarde no Barbanza o alcalde de Ribeira Manuel Ruiz puido saber en conversas mantidas hoxe con Sanidade, que mañá mércores quedará restablecido o servizo médico no centro de saúde de Corrubedo.
Así, segundo se lle foi explicado ao primeiro edil, o traslado a outra dependencia do facultativo alí emprazado tivo lugar porque Saúde Laboral desanconsellaba que o mesmo prestase tal función en solitario, razón pola cal se estiveron a levar a cabo os axustes pertinentes para que outro profesional realice este labor na citada parroquia.
Dende Sanidade se fixo fincapé en que en ningún momento se pensou en suprimir o consultorio de Corrubedo e, de feito, tanto a enfermeira como o PSX alí destinados seguían desempeñando as súas competencias con normalidade.

Palmeira

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.